Autor: agapi

‘Lúa vermella’, a nova película de Lois Patiño, chega ás salas galegas

A película Lúa vermella, dirixida por Lois Patiño e producida por Zeitun Films, chega ás salas de cine este venres, 30 de outubro. Despois de obter a Biznaga de Prata á mellor película española na sección ZonaZine da 23ª edición do Festival de Málaga e o galardón á mellor película no 25º Festival …

Culturgal celebrará a súa edición de 2020 baixo o lema ‘En caso de emerxencia, cultura’ do 27 ao 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra

Por mor de situación sanitaria provocada pola Covid-19, a Feira de 2020 prescindirá da presenza de stands no recinto feiral de Pontevedra, entendendo que non obterían rendibilidade nin económica nin de marca. A programación deste ano contemplará contidos en cinco escenarios con aforos presenciais reducidos que permitan seguir os eventos …

Estrea da curtametraxe documental ‘100 anos de Nós’, producida por Arraianos Producións

A G2 ofrece mañá venres 30, coincidindo co centenario da revista ‘Nós’, a estrea a curtametraxe documental ‘100 anos de Nós’. ‘100 anos de Nós’ é unha curtametraxe documental de Arraianos Producións que fai un percorrido contemporáneo por unha publicación que supuxo unha revolución no mundo editorial galego. A revista …

‘Nación’ de Margarita Ledo estréase no Festival de Cinema Europeo de Sevilla

O filme ‘Nación’ producido por Nós Produtora Cinematográfica Galega e dirixido por Margarita Ledo terá a súa estrea no Festival de Cinema Europeo de Sevilla. A peza é un filme de non ficción onde a directora e guionista relata a apertura ao mundo que supuxo para as mulleres en medio …

Juanjo Giménez empeza a rodaxe de ‘Tres’, unha produción de Frida Films

A socia Frida Films iniciou a gravación de “Tres”, segunda longametraxe de ficción de Juanjo Giménez pero o primeiro que realiza tras o gran éxito do seu curto “ Timecode”, que foi Palma de Ouro en Cannes e estivo nomeado ao Óscar. É un potente proxecto protagonizado por Marta Nieto …

A Televisión de Galicia estrea este sábado a serie prexuvenil ‘Miracle Tunes’ na súa app do Xabarín

A Televisión de Galicia prepara para este sábado 10 de outubro a primeira estrea en dixital da súa historia. A partir das 10 da mañá estarán dispoñibles na aplicación móbil do Xabarín os 26 capítulos da primeira tempada de ‘Miracle Tunes’, a primeira serie de ao vivo action prejuvenil da …

Sétima Media: ‘Estamos aquí para apoiar a mirada dunha nova xeración’

Oficialmente Sétima Media ten apenas dous anos de vida, pero este proxecto da produtora Silvia Fuentes e a directora Anxos Fazáns fraguouse moito antes, quizais mesmo antes de que elas mesmas o soubesen. Cada unha ten un percorrido profesional independente, pero despois de traballar xuntas na primeira película de Fazáns, …

‘O que arde’, preseleccionada pola Academia do Cine para representar a España na carreira polo Óscar á Mellor Película Internacional 2020

‘El Hoyo’ de Galder Gaztelu-Urrutia, ‘La trincheira infinita’ de Jon Garaño, Aitor Arregi e José Mari Goenaga e ‘O que arde’ de Oliver Laxe serán os tres títulos que optarán a representar a España na próxima edición dos Óscar, a número 93, na categoría de Mellor Película Internacional. Así o …

Aberto prazo de inscrición para a VIII Edición do CONECTA

CREA vén de lanzar a convocatoria da oitava edición do CONECTA, encontro pensado para conectar creadores. A xornada levarase adiante a través de reunións un a un, pero tamén haberá espazo para a posta en común, networking, etc. O prazo de inscripción está aberto ata o 27 de outubro e a xornada terá …

Xornada en liña: ‘A parte económica dos proxectos’

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro día 21 de outubro unha xornada de formación en liña dedicada a analizar os aspectos económicos e financeiros dun proxecto audiovisual. Estas xornadas contan co apoio e colaboración da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). Baixo o título ‘A parte económica …

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies