O filme ‘Eles transportan a morte’, producido por Filmika Galaika, terá a súa estrea na Semana da Crítica de Venecia

O filme ‘Eles transportan a morte’, producido por Filmika Galaika, terá a súa estrea na Semana da Crítica de Venecia

A película ” Eles transportan a morte”, ópera prima dos realizadores españois Helena Girón e Samuel M. Delgado producida pola empresa galega Filmika Galaika, competirá na 36ª Semana da Crítica de Venecia, un certame paralelo á Mostra.

A cinta está ambientada na viaxe de Cristóbal Colón de 1492 que levaría ao descubrimento de América para falar, segundo os seus directores, da conquista dun continente que foi imprescindible para instaurar o sistema capitalista moderno.

“Eles Transportan a Morte”, coprodución hispano-colombiana, competirá na principal sección da Semana da Crítica con outros seis títulos de todo o mundo. Son ” Eltorolni Frankot” do director húngaro Gábor Fabricius; ” Mondocane” do italiano alesandro Celli; ” Mother Lode” de Matteo Tortone, ” Obkhodniye puti da rusa Ekaterina Selenkina, “A píntega” do brasileiro Alex Carvalho e ” Zalava” do iraniano Arsalan Amiri.

A Semana da Crítica celebrarase de forma paralela á 78ª Mostra do Cinema de Venecia, desde o 1 ao 11 de setembro.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies