Roteiro ‘Elas produtoras executivas’
Proxecto de empoderamento feminino. Percorrido por IES galegos coa proxección do documental ‘Elas, produtoras executivas’ acompañado dun coloquio con algunha das protagonistas.
Desde que realizamos o documental ‘Elas, Produtoras executivas’ acción impulsada ao abeiro dos Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022 levamos participado en máis de 90 visitas a IES de toda Galicia.
O documental pode verse aquí.



No ano 2023, as produtoras Alba Prol, Mercedes G-Nieto, Silvia Fuentes, Mónica Hidalgo e Ruth Chao pasaron polos IES Valle Inclán (Pontevedra), IES Vilalonga (Sanxenxo), IES Francisco Asorey (Cambados), IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) e IES Ramón Cabanillas (Cambados).

No ano 2024, as produtoras Marta Eiriz (Danga Danga), Laura Doval (Gaita Filmes), Alba Gallego (Kraken Media) e Gael Herrera (Tamboura) pasaron polos IES O Couto (Ourense), IES Carlos Casares (Viana do Bolo), IES San Mamede (Maceda), IES O Ribeiro (Ribadavia), IES Aquis Querquernis (Bande) e IES 12 de outubro (Ourense).

No ano 2025, as produtoras Laura Doval (Gaita Filmes), Marta Eiriz (Danga Danga), Coral Piñeiro (Sombriza), Rosa Taboada (Martela), Irene Pin (Aqueladas) e Marina García (Sintagma) pasaron polos centros IES Pedregal de Irimia de Meira, IES de Foz, IES Río Cabe (Monforte de Lemos), IES Becerreá, IES Lucus Augusti e IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz).

No 2025, as produtoras Rosa Taboada (Martela), Alba Prol (Meteórica), Alba Gallego (Kraken Media), Marta Eiriz (Danga Danga) e Irene Pin (Aqueladas) pasaron los IES Xermán Ancoechea (Trives), IES Celso Emilio Ferreiro (Celanova), IES Xesús Ferro Couselo (Ourense), IES As Lagoas (Ourense), IES Carlos Casares (Viana) e IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia).

Para pechar a actividade do roteiro ‘Elas, produtoras executivas’, no 2025 as produtoras Olaia Ledo (Nós Produtora Cinematográfica Galega), Marina García (Sintagma Films), Paula Cons (Agallas Films),Laura Pazienza (H501), Coral Piñeiro (Sombriza), Irene Pin (Aqueladas) percorreron os IES de Narón, o IES Monte das Moas (A Coruña), IES Pontepedriña (Santiago de Compostela), IES Fernando Wirtz (A Coruña) e IES Castro de Uz (As Pontes).