ENCONTRO ESTATAL DA PLATAFORMA DE PRODUTORAS
Agapi organiza anualmente coa colaboración do Festival de Cine de Ourense un Encontro Estatal das Federacións e Asociacións que forman parte da plataforma PAP. Esta plataforma representa o 90% da produción independente española. Está composta por máis de 500 empresas de produción audiovisual e nace co obxectivo de buscar puntos de encontro en cuestións transversais relacionadas co marco lexislativo, os orzamentos ou o modelo e relación da industria audiovisual coas institucións públicas.
O principal obxectivo desta xuntanza é conseguir unha mellora na comunicación entre as federacións que conforman a PAP e definir unha liña de acción concreta conxunta, así como aumentar a capacidade de traballo colaborativo e lograr un impacto de resultados positivos.


