No ano 2014, a Asociación foi recoñecida co Premio da Cultura Galega do Audiovisual, o máximo galardón que outorga a Xunta de Galicia a entidades destacadas pola súa achega cultural e histórica ao país.
No 2025, AGAPI foi distinguida con dous importantes recoñecementos que poñen en valor a súa traxectoria, o seu papel pioneiro e a súa contribución decisiva á consolidación do sector audiovisual galego: o XIV Premio José Sellier, outorgado pola Academia Galega do Audiovisual, e unha mención especial á traxectoria colectiva nos Premios CREA 2025, concedida pola Asociación de Profesionais da Dirección e Realización de Galicia.