Márgenes, Festival Internacional de Cine de Madrid, alberga 5 producións de asociadas de AGAPI dentro da súa 16ª edición

O Festival Internacional de Cine de Madrid, Márgenes, celebra a súa 16ª edición do 20 ao 29 de novembro con cinco producións de asociadas de AGAPI dentro da súa programación. Márgenes xorde da vontade de poñer en valor o cine e a creación audiovisual feitas da convicción artística e a liberdade creativa, con especial atención ás novas tendencias do cine contemporáneo. Cada ano reúne algunhas das propostas máis singulares do panorama español e internacional e pon en diálogo o talento emerxente coa obra de cineastas de traxectoria consolidada. A orixinalidade das películas e a mirada persoal das súas autoras e autores son o eixo dunha programación que se abre a outras disciplinas con concertos audiovisuais e propostas de cine expandido, e que aborda os retos de noso tempo en charlas, obradoiros e encontros co público. Con esta vocación interdisciplinar, Márgenes aspira a ser un espazo de encontro para o público e un punto de referencia para a industria cinematográfica.

ESCÁNER é unha sección competitiva adicada ao cine español, que dá conta da diversidade da creación cinematográfica no noso país, con especial atención ás películas que apostan pola renovación das narrativas audiovisuais. Dentro desta sección figuran: a curtametraxe ’68 metros’ dirixida por Xacio Baño e producida por Rebordelos; a primeira longametraxe de Sebastián Uría, ‘Adiós Ríos’, producida por Tamboura Films; así como o novo filme de Eloy Enciso, ‘Todo é cárcere’, producido por Filmika Galaika.

Márgenes expande a súa programación máis alá da pantalla convencional para adentrarse nas zonas fronteirizas entre a imaxe e o son. Os live AV desbordan non só a noción clásica de sala de proxeción, senón tamén os límites da propia linguaxe audiovisual: aquí, a innovación sucede en directo, no territorio incerto e inmediato do performativo. Estos encontros, onde artes visuais e sonoras dialogan en tempo real, convértense nun laboratorio onde xorde un idioma novo, híbrido e vivo. Dentro desta sección atópase a versión expandida do filme ‘Krakatoa’ (Carlos Casas) producido por Filmika Galaika.

Finalmente PLAYLIST, a sección de Márgenes adicada á creación audiovisual musical, acollerá ópera prima de María Yáñez, ‘Kiro’ producida pola asociada de AGAPI, Miramemira. Mentres que dentro da programación
