Premio de Honra Dolores Ben

Premio de Honra Dolores Ben

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) acordou en 2021 crear o Premio de Honra Dolores Ben para manter viva a súa memoria e recoñecer as persoas e institucións que encarnan os valores de loita e defensa do ben común que ela mesma representaba.

Dolores Ben foi presidenta da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) entre os anos 2007 e 2019, dando exemplo de traballo e integridade. Muller rexa, loitadora e imprescindíbel no panorama cultural galego e estatal, contribuíu coa súa dedicación e esforzo a construír un horizonte sólido de futuro audiovisual.

Ata o momento foron premiadas en edicións anteriores a poetisa e xornalista cultural Ana Romaní (I Premio Dolores Ben, 2022), a xornalista Tareixa Navaza (II Premio Dolores Ben, 2023), tradutora e lingüista Rosa Moledo (III Premio Dolores Ben, 2024) e a produtora de cinema Fernanda del Nido (IV Premio Dolores Ben, 2025)

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies