Alba Gallego (Kraken Media) seleccionada para participar na 6ª edición do programa de desenvolvemento profesional CIMA Mentoring 1to1

CIMA (Asociación de mulleres cineastas e de medios audiovisuais) vén de anunciar a selección das 18 profesionales emerxentes que formarán parte da sexta edición de CIMA Mentoring 1to1. Programa financiado por Netflix e ICAA que impulsa o desenvolvemento profesional de mulleres do sector audiovisual a través do acompañamento personalizado de mentoras con ampla traxectoria na industria.
O comité de selección estivo integrado pola directora Johanné Gómez Terrero, a produtora Lara Tejela, a directora de casting María Rodrigo, a directora e guionista Paula Cons e a directora, produtora e guionista Remedios Malvárez, quenes valoraron a calidade, o compromiso e a proxección das candidaturas recibidas. Ademais, de acordo cos obxectivos específicos do programa, procuraron respetar os principios de descentralización e diversidade. Atopándose dentro desta rica selección, na categoría de produción, Alba Gallego da nosa produtora asociada de AGAPI, Kraken Media.

Nas próximas semanas daranse a coñecer os nomes das mentoras que as acompañarán durante os próximos nove meses, a través de sesións de mentoría individualizada e formacións grupais dirixidas a todas as beneficiarias do programa.
Con esta nova edición, CIMA Mentoring 1to1 continúa consolidándose como un espazo de crecemento, aprendizaxe e apoio entre mulleres profesionais do audiovisual, contribuíndo a fortalecer a presenza e o liderazgo femenino en todos os ámbitos da creación cinematográfica e audiovisual.