Categoría: Revista

O xornalismo a debate: Medios públicos, privados e concertados

O vindeiro xoves 13 de xuño, ás 19.30h terá lugar un debate sobre os medios públicos no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. Baixo o título DEFENDE A GALEGA. Para que? Para quen? Públicos, privados, concertados. O xornalismo a debate, terá lugar un encontro con diferentes expertos na materia. …

Clase maxistral do guionista Rafael Cobos MOVISTAR e LA PESTE

Dentro do ciclo Escribir para plataformas, AGAG Asociación Sindical de Guionistas Galegos organiza, co apoio da Fundación SGAE, unha masterclass co recoñecido guionista Rafael Cobos. A clase maxistral abordará o proceso de escritura e documentación de LA PESTE, un ambicioso thriller ambientado na Sevilla do século XVI, a última ficción …

Comeza a rodaxe en Vigo da serie galego-portuguesa AUGA SECA, producida por Portocabo

O Real Club Náutico de Vigo foi onte o escenario da presentación da serie galego-portuguesa AUGA SECA, que está a iniciar na comarca viguesa unha rodaxe que se estenderá tamén a Lisboa. A produtora galega Portocabo encabeza esta coprodución xunto á empresa lusa SP-i, para a que conta co apoio …

Estrea da serie HIERRO, 7 de xuño en Movistar+

Este venres 7 de xuño, terá lugar a estrea da serie HIERRO en Movistar+. Esta serie é unha coprodución entre Portocabo, Movistar+, a empresa francesa Atlantique Productions e ARTE France. HIERRO foi elixido coma o mellor proxecto polo CoPro Series da Berlinale. Candela, xuíza experta e de forte carácter, enfróntase …

Encontro con Jose Luis Rebordinos. 7 de xuño, Coruña

O director do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, José Luis Rebordinos, volve a Galicia para explicar aos profesionais do audiovisual galego os principais puntos de encontro que lles ofrece este evento. A sesión informativa será no marco do programa #GaliciaProFilme da Agadic e terá lugar o vindeiro venres …

Aberto prazo de recepción de obras para o Festival Novos Cinemas

Dende hoxe mesmo xa é posible presentar filmes para participar na Edición 04 de Novos Cinemas – Festival de Cine Internacional de Pontevedra, que se desenvolverá entre o 10 e o 15 de decembro deste mesmo ano na cidade do Lérez. NOVOS CINEMAS é un festival de cine aberto a …

Matriuska Producciones arrinca en Galicia a rodaxe do filme ¿QUÉ HICIMOS MAL?

Esta semana arrincou en Galicia a rodaxe de ¿QUÉ HICIMOS MAL?, a nova película de Liliana Torres ( Family Tour), producida por Matriuska, Avalon e Miss Wasabi; co apoio de TVE, a Xunta de Galicia e TVG. A película está protagonizada pola propia directora e guionista Liliana Torres, Xulio Abonjo …

Paula Cons finaliza a rodaxe do thriller ‘O Santa Isabel’

A semana pasada finalizou en Portugal a rodaxe de O SANTA ISABEL. A ópera prima de Paula Cons é un thriller sobre a fuxida da dor e sobre as sombras e, practicamente ningunha luz, do heroísmo. Estrearase nas pantallas a comezos do vindeiro ano da man de Filmax. Diferentes localizacións …

Manolo González, un dos grandes impulsores do audiovisual galego, recibirá a mención honorífica da oitava edición do Primavera do Cine

A mención honorífica da oitava edición do Primavera do Cine será para Manolo González, produtor, guionista, docente, investigador de cine e, sen dúbida, un dos principais impulsores do audiovisual galego. A entrega terá lugar o 1 de maio ás 21.00 na gala de inicio do certame, que este ano celebrarase …

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies