Dentro do ciclo Escribir para plataformas, AGAG Asociación Sindical de Guionistas Galegos organiza, co apoio da Fundación SGAE, unha masterclass co recoñecido guionista Rafael Cobos. A clase maxistral abordará o proceso de escritura e documentación de LA PESTE, un ambicioso thriller ambientado na Sevilla do século XVI, a última ficción para televisión de Rafael Cobos.
Terá lugar o venres 28 de xuño de 16.30h a 20h na Sede Fundación SGAE de Santiago de Compostela (Rúa das Salvadas, 2) e é posible grazas ao apoio económico da Fundación SGAE. Trátase dunha actividade totalmente gratuíta para membros de AGAG, SGAE, FAGA e CREA. A tarifa xeral é de 20€ e a tarifa de estudante é de 15€. Inscricións e reserva de prazas: info@guionistas.gal
O prazo de inscrición remata o 25 de xuño ás 23.59h