O vindeiro xoves 13 de xuño, ás 19.30h terá lugar un debate sobre os medios públicos no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. Baixo o título DEFENDE A GALEGA. Para que? Para quen? Públicos, privados, concertados. O xornalismo a debate, terá lugar un encontro con diferentes expertos na materia.
Está previsto que interveñan Luis Álvarez Pousa, Sonia Vizoso, Margarita Ledo e Virgilio Costas, baixo a moderación de Luis Villamor. A entrada é de balde ata completar aforo.