Seis galardóns para producións asociadas de AGAPI nos Premios CREA 2026, organizados pola Asociación Galega de Profesionais da Dirección e a Realización

O pasado venres 13 de novembro tivo lugar no Riquela Club de Santiago de Compostela a entrega dos Premios CREA 2026, organizada pola Asociación Galega de Profesionais da Dirección e a Realización. Unha cerimonia onde se reivindicou o traballo asociativo así como a necesidades e defensa das políticas públicas destinadas á creación cultural.

🎬 Mellor dirección de longametraxe de ficción: Anxos Fazáns por “As liñas descontinuas” (Sétima).

🎬 Mellor dirección de longametraxe documental: Adrián Canoura por “Fomos ficando sós” (Zeitun Films).

🎬 Mellor dirección de curtametraxe de ficción: Guillermo de Oliveira por “Cara de cona” (Sétima).

🎬 Mellor dirección de curtametraxe documental: Ángel Suanzes por “Escala un cincuenta mil” (Rebordelos).

🎬 Mellor dirección de “spot”: Illa Bufarda por Youtubeiras 2026.

🎬 Mención especial á promoción da igualdade de xénero: Anxos Fazáns (Sétima).