Os filmes ‘Tralovento’ (Zeitun Films) e ‘Monstro’ (Gaitafilmes, Mordisco Films e Indígena Films) premiados na 23ª edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla

Os filmes ‘Tralovento’ (Zeitun Films) e ‘Monstro’ (Gaitafilmes, Mordisco Films e Indígena Films) premiados na 23ª edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla

Os filmes ‘Tralovento’ (Zeitun Films) e ‘Monstro’ (Gaitafilmes, Mordisco Films e Indígena Films) premiados na 23ª edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla

O Festival de Cine Europeo de Sevilla vén de clausurar a súa 23ª edición coa lectura do seu palmarés, o pasado sábado, no Teatro Lope de Vega.  O xurado da Sección Oficial estivo presidido por Howard A. Rodman (guionista, novelista e vicepresidente da Academia de Artes e Ciencias Cinematográficas de Hollywood) e integrado polo director do Festival de San Sebastián, José Luis Rebordinos, as productoras Lisa Marie Russo e Denise O’Dell e o director, escritor e guionista Miguel Ángel Vivas.

O filme ‘Tralovento’, dirixido por Eloy Domínguez Serén e producido pola asociada de AGAPI Zeitun Films, recibiu o Premio a Mellor Actriz para Melania Cruz. “Foi un proceso que levou moitos meses de traballo previo, e unha labor súper inmersiva”, explicou a intérprete galega no seu encontro cos medios sobre como traballou a personaxe de Ana, unha muller en crisis persoal que se desplaza do entorno urbano ao rural e descubre o seu sentimento de pertenenza. O xurado sinalou que a personaxe, “unha mujer que loita por salvar a súa vila e, de paso, a si mesma, é interpretado cunha intensidade que vén de dentro por unha Melania Cruz que te parte o corazón con sutileza”. Certificando que será unha interpretación que pasará á historia.

A Mención APSA a Mellor Son de Película Española da Sección Oficial, Rampa ou Embrujo foi un nuevo galardón que entrou este ano no palmarés, concedido pola Asociación de Artistas e Profesionales do Audiovisual de Sevilla. O filme gañador desta primeira convocatoria foi ‘Monstro’ de Andrés Goteira, producida polas asociadas de AGAPI: Gaitafilmes, Mordisco Films e Indígena Films. O traballo sonoro da película estivo a cargo de Juan Gay (xefe de son), David Machado (deseño e misturas de son), Javier Pato (montaxe de son, grabación de foley) e Óscar Nieto (artista foley). O veredicto do xurado APSA valorou a “súa capacidade para explorar o potencial narrativo do son como elemento fundamental da linguaxe cinematográfica; a proposta sonora novidosa e arriescada que plantexa, abrindo novas vías de expresión e experimentación; e o protagonismo que adquiere o son na construcción do relato, convertíndose nunha parte esencial da experiencia cinematográfica e non nun mero acompañamento da imaxe”.

O máximo galargón do certame recau na película rumana ‘You Don’t Belong Here’, Giraldillo de Oro da 23ª edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla.