‘Avisa cando chegues’ escrita e dirixida por Ángela Andrada e producida por Brava, recibe o recoñecemento da Mostra de Curtas de Noia no seu arranque por festivais

A curtametraxe ‘Avisa cando chegues’, escrita e dirixida por Ángela Andrada e producida pola produtora asociada de AGAPI, Brava, suma un novo recoñecemento no seu percorrido polo circuíto de festivais coa obtención do Premio Pedro Brandariz da XXVII Mostra Internacional de Curtas Vila de Noia como mellor curtametraxe.

Esta obra de Andrada como directora supón a súa estrea na dirección cinematográfica e confirma a chegada dunha nova voz ao panorama audiovisual galego cunha gran traxectoria previa xa consolidada como guionista. ‘Avisa cando chegues’ segue a Claudia, unha moza de vinte anos que regresa a Galicia despois de pasar un curso estudando en Madrid. Nunha vila practicamente baleira durante o outono, Claudia enfróntase á primeira noite de festa despois de sufrir unha agresión sexual meses atrás.

A película tivo a súa estrea mundial na novena edición de INTERSECCIÓN – Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada entre o 13 e o 17 de outubro de 2026. A súa presentación tivo lugar o xoves 15 de outubro co equipo, dentro da sección competitiva Galicia, que reúne propostas destacadas da creación audiovisual do país. Posteriormente, a curtametraxe continuou o seu percorrido polo circuíto de festivais, con presenza no 14º Festival De Cortometrajes Diputación De Jaén Contra La Violencia De Género, calificador aos Premios Goya.