‘Hoxe e o resto do mundo’ (Matriuska Producións) e ‘Titanic Ocean’ (Frida Films) formarán parte da programación  RIZOMA, Festival Internacional de Cine & Cultura Entrelazada de Madrid

RIZOMA Festival Internacional de Cine & Cultura Entrelazada celebrarase en Madrid do 16 ao 22 de novembro. Caracterizado pola súa maneira de combinar o cine coa arte, a música e outras disciplinas e construido arredor a uns conceptos cambiantes que funcionan como a columna vertebral da programación. Este ano RIZOMA toma como punto de partida Plastic Dreams, o icónico tema de Jaydee que revolucionou as pistas de baile en 1993, para reflexionar sobre o plástico que fixo posible o cine. 

Dúas producións de asociadas de AGAPI formarán parte da programación desta edición de RIZOMA:

O documental ‘Hoxe e o resto do mundo’, ópera prima de Cecilia Díaz Betz producida pola asociada de AGAPI Matriuska Producións, competirá na Sección Oficial Nacional. Unha película que nos sumerxe no periplo vital e artístico de Isaac Díaz Pardo e Mimina Arias de Castro, fundadores do Laboratorio de Formas (Sargadelos). A través de infinidade de archivos, viaxamos entre Galicia e o exilio pola arte, a memoria histórica, o diseño, a arquitectura e o pensamento de vangarda e, por enriba de todo, o humanismo.

A película de Konstantina Kotzamani, ‘Titanic Ocean’, producida pola asociada de AGAPI Frida Films, suma o Rizoma a súa infinita listaxe de festivais. Unha viaxe absorbente, onírica e profundamente sensorial ao mito das sereas nos tempos de instagram. O filme sumérxenos nun fascinante internado xaponés onde adolescentes se preparan para converterse en sereas profesionais. Desdibuxando as fronteiras entre o humano e o animal, a realidade e a fantasía. Unha deslumbrante fábula acuática de hipnótica beleza visual e sonora, presentada en Cannes e premiada á Mellor Fotografía en Sitges, que competirá na sección Surrealismo Contemporáneo de RIZOMA.