´Fomos ficando sós’, ópera prima de Adrián Canoura producida por Zeitun Films, recoñecida no Cormorán Film Fest co Premio Jaime Manso á obra máis atrevida

Cormorán Film Fest, festival internacional de cine de autor da Coruña, vén de pechar a súa 7º edición co anuncio do seu palmarés. A ópera prima do director burelés Adrián Canoura, producida pola asociada de AGAPI Zeitun Films, foi recoñecida polo certame co Premio Jaime Manso á obra más atrevida polo “risco formal do cineasta para explorar a relación co seu pai”. Sumando este recoñecemento ao Premio do Xurado Novo a Mellor Película do Festival Punto de Vista e ao Premio á Mellor Dirección Documental outorgado por CREA, Asociación Galega de Asociación Galega de Profesionais da Dirección e a Realización.

O xurado del Cormorán Film Fest outorgou o premio principal á obra ‘A Want in Her’, mentras que o público recoñeceu a produción sobre Ucrania titulada ‘Mariinka’.

‘Fomos ficando sós’ terá a súa estrea en salas o vindeiro 27 de novembro, no que percorrerá ás cidades de Santiago de Compostela, Viveiro, Lugo, Madrid ou Barcelona. Mais contará cunha preestrea na cidade natal do director, Burela, o próximo domingo 21 de novembro. Un acto que se celebrará en colaboración coa Fundación Expomar.

En 1991, Raúl filma cunha cámara de mini VHS a súa rutina no mar, a bordo do seu primero barco, cousas que non sabe dicir con palabras. En terra acaba de nacer o seu fillo Adrián. Trinta años despius, Adrián embárcase ao Gran Sol guiado polas imaxes do seu pai e intenta comprender a distancia que os separa.