Sesión Informativa: Política audiovisual comunitaria

Sesión Informativa: Política audiovisual comunitaria

O martes 9 de xullo ás 17.00 horas, terá lugar na Cidade da Cultura (Sala Eisnman) un encontro informativo sobre Política Audiovisual Comunitaria a cargo de Peter Andermatt.

Dirixida ao talento e ás empresas produtoras, durante a sesión analizarase o presente e o futuro da política audiovisual comunitaria. A continuación definiranse claves e recomendacións de cara á presentación de proxectos ás axudas europeas ao Desenvolvemento e á Distribución Televisiva. Tamén se dará conta das últimas noticias relacionadas coa formación contínua, especialmente no ámbito do desenvolvemento e a coprodución europea. 

Existe a posibilidade de concertar cita previa para consultas individuais ao remate de ambas charlas enviando unha mensaxe a:
audiovisual.agadic@xunta.gal

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies