O mércores 10 de xullo ás 12.00 horas , terá lugar na Cidade da Cultura (Sala Eisnman) un encontro informativo sobre Festivais de Cine, a cargo de Peter Andermatt.
Esta sesión está dirixida a xestores e programadores de festivais de cine e durante a mesma analizaranse as conclusións dun informe da Comisión sobre os modelos de colaboración entre certames europeos. Tamén se presentará o taller Developing your Film Festival, iniciativa británica apoiada por MEDIA, e achegaranse consellos prácticos sobre como solicitar axudas ao programa MEDIA e a outras institucións públicas.
Existe a posibilidade de concertar cita previa para consultas individuais ao remate de ambas charlas enviando unha mensaxe a:
audiovisual.agadic@xunta.gal