‘Amor con interese’ (Brava) novo programa de citas e misterio presentado por Salseología, métese no TOP 10 programas máis vistos da plataforma de streaming AGalega

‘Amor con interese’, nova produción da nosa asociada de AGAPI Brava, métese no TOP 10 programas máis vistos da plataforma de streaming AGalega, acadando ademais o millón de visualizacions acumuladas en redes sociais. Estreado o pasado mércores 14 de outubro, o proxecto mestura as citas amorosas con la intelixencia artificial.
Creado e dirixido por Alex Novo, en cada capítulo de ‘Amor con interese’ recíbese a un solteiro ou solteira que vai buscar o amor. Eles están convencidos de que terán unha cita normal e corrente pero o presentador, o influencer galego Salseología, interrumpirá con varias sorpresas baixo a manga. Xa que para atopar á súa parella ideal deberán identificar ao “cibercarracho“, é dicir, o impostor que seguirá as directrices dunha intelixencia artificial entreada para finxir ser a alma xemela do participante.
Pero Salseología (150 mil seguidores) non estará só, porque nesta primera tempada haberá 12 concursantes nun casting conformado tanto por personas anónimas como polos influencers galegos como: Mia Skylar (máis dun millón de seguidores entre Instagram e Tiktok); Miguel García; Manu Rey ou Dámaris.
