Xa está aberto o prazo de recepción de proxectos da II edición do programa de asesoramento AGAPI IMPULSA COPROS.
AGAPI IMPULSA COPROS é un programa gratuíto de asesoría personalizada para mellorar e orientar no seu financiamento proxectos de coprodución para cinema e televisión.
Este programa está dirixido a creadores e creadoras menores de 30 anos que conten con un proxecto orixinal de longametraxe ou serie para cine ou televisión, en galego ou en castelán.
Durante o mes de abril de 2023 anunciaremos o comité de preselección para esta II edición.
AGAPI IMPULSA COPROS conta co financiamento do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) do Ministerio de Cultura y Deporte, ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.