
AGAPI presenta a IV Edición de AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuíto de asesoría personalizada para mellorar e orientar no seu financiamento proxectos de coprodución para cinema e televisión.
Este programa está dirixido a creadoras e creadores menores de 30 anos, con proxectos con vinculación co territorio galego e que conten cun proxecto orixinal de longametraxes para cinema ou serie de televisión, de ficción, animación ou documental, en galego ou castelán.
A convocatoria para presentar proxectos estará aberta desde o 22 de maio ata o 5 de xuño de 2025 ás 13:59 horas.
Pódense consultar dúbidas sobre a convocatoria neste e-mail: agapimpulsa@agapi.gal
