O pasado luns comezou nas Illas Canarias a rodaxe de “Weiss & Morales”, a nova serie de Portocabo protagonizada por Miguel Ángel Silvestre e Katia Fellin. A ficción é unha coprodución entre as españolas RTVE, Portocabo e as alemás Nadcon, ZDF e ZDF Studios.
As illas, principalmente Gran Canaria, serán o escenario desta serie de catro capítulos de 90 minutos protagonizada por Katia Fellin (‘Pagan Peak’) e Miguel Àngel Silvestre (‘Velvet’). Completan o reparto Juanjo Puigcorbé, Mariam Hernández, Margarita Broich, Thomas Heinze, Tania Santana, Yaiza Guimaré, Saulo Trujillo, Luifer Rodríguez e Iria Santana.
“Weiss & Morales” está dirixida por Oriol Ferrer. A produción executiva corre a cargo de Alfonso Blanco de Portocabo e Peter Nadermann de Nadcon. Ademais, a produción conta cun equipo de guión español e alemán liderado por Nina Hernández, Carlota Dans e Ron Markus. A gravación estenderase ata agosto. ZDF Studios ocuparase das vendas internacionais en todos os países excepto nos de fala hispana, onde será distribuída por RTVE.
Sinopse: Cando un crime é cometido nas Illas Canarias e afecta á comunidade alemá, o sarxento da garda civil española Raúl Morales (Miguel Ángel Silvestre) e a axente da BKA alemá Nina Weiss (Katia Fellin) vense obrigados a traballar xuntos. Unha colaboración que non agrada a ninguén, pois porá en evidencia as súas diferencias. con todo, atoparán a forma de resolver cada uno dos casos que se lles presenten.