Esta semana arrincou en Galicia a rodaxe de ¿QUÉ HICIMOS MAL?, a nova película de Liliana Torres ( Family Tour), producida por Matriuska, Avalon e Miss Wasabi; co apoio de TVE, a Xunta de Galicia e TVG. A película está protagonizada pola propia directora e guionista Liliana Torres, Xulio Abonjo (Fariña, María e os demais), Héctor Carballo (Servir e protexer), Melania Cruz ( Dhogs, A Esmorga) e Jorge Roldán (Diana).
¿QUÉ HICIMOS MAL? é a historia dunha ficción construída sobre unha realidade que supón unha reflexión sobre os erros de guion da vida, cun tema central: a relación de parella e a crise da mesma. A rodaxe en Galicia terá lugar en Seoane do Courel, Ourense e Vigo durante 3 semanas, e en setembro retomarase en Italia e México.
Máis información aquí.