O director do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, José Luis Rebordinos, volve a Galicia para explicar aos profesionais do audiovisual galego os principais puntos de encontro que lles ofrece este evento.
A sesión informativa será no marco do programa #GaliciaProFilme da Agadic e terá lugar o vindeiro venres 7 de xuño no Centro Galego de Artes da Imaxe. CGAI, na Coruña, cun formato de intervención e reunións individuais con quen as solicite no mail: audiovisual.agadic@xunta.gal.