O pasado 30 de abril tivo lugar a celebración dos IX Encontros Arraianos de Cinema organizados dentro do Festival Primavera de Cine. Por primeira vez, AGAPI acudiu a esta cita na que se teceron redes de colaboración e intercambio entre Cineclubes e Festivais de cine de Galicia e Norte de Portugal, España e Brasil.
Promovidos polo Festival Internacional de Cine Rural de Galicia “Carlos Velo”, Arrianos Producións e AO NORTE, nos Encontros Arraianos de Cinema colaboran xa numerosos cineclubes e festivais, axentes públicos e privados, universidades, productoras e outros colectivos de Galicia, Norte de Portugal e Brasil, que participaron na última xuntanza desta rede en Melgaço, dentro do Festival Filmes do Homem.
Máis información aquí.