Autor: agapi

‘Unicorn Wars’ producida por Abano Producións e dirixida por Alberto Vázquez brilla no Festival de Annecy

A 60ª edición do Festival de Cinema de Animación de Annecy celebrouse en formato híbrido na semana do 14 de xuño, con 8.500 acreditados, dos que 2.300 participaron no seu mercado, MIFA. A localidade francesa de Annecy acolleu 240 proxeccións, mentres que a plataforma en liña ofreceu 85 eventos para …

Portocabo e Agallas Films optan coas súas producións ‘Auga Seca’ e ‘A illa das mentiras’ aos Premios Celtic Media Festival

Éxito de candidaturas galegas no anuncio dos Premios Celtic Media Festival 2021, que acaban de facerse públicos en Escocia. Un total de 11 producións optan aos galardóns do prestixioso certame, que, ao igual que en 2020 e debido ás restricións da pandemia, se celebrará de xeito virtual no mes de setembro. …

Zarauza remata a rodaxe do filme de terror ‘Malencolía’, producido por Maruxiña Film Company

Alfonso Zarauza (Compostela, 1973) rematou onte en Santiago a rodaxe da súa sexta longametraxe, ‘Malencolía’, producida por Maruxiña Film Company. Con esta película, o cineasta galego debuta no xénero do terror, repetindo experiencia con boa parte do equipo técnico e artístico que o acompañou no seu último traballo, ‘Ons’, estreado …

Álvaro Pérez Becerra asume a presidencia da Academia Galega do Audiovisual

Álvaro Pérez Becerra (A Coruña, 1989) foi elixido por unanimidade novo presidente da Academia Galega do Audiovisual, na asemblea xeral ordinaria e electoral celebrada o pasado 4 de xuño. Está acompañado na vicepresidencia polo guionista e produtor Pepe Coira e a actriz e cineasta Sonia Méndez. Unha nova etapa na …

Webinar: Que pode facer a intelixencia artificial polo sector audiovisual?

O Clúster Galego do Audiovisual organiza o vindeiro 18 de xuño un webinar dedicado a analizar as oportunidades da intelixencia artificial no sector audiovisual. O formato de celebración será en liña e precisará dunha inscrición previa a: comunicacion@clag.es para a reserva de praza.