O Clúster Galego do Audiovisual organiza o vindeiro 18 de xuño un webinar dedicado a analizar as oportunidades da intelixencia artificial no sector audiovisual. O formato de celebración será en liña e precisará dunha inscrición previa a: comunicacion@clag.es para a reserva de praza.