Webinar: Novas liñas de financiamento para o sector audiovisual

Webinar: Novas liñas de financiamento para o sector audiovisual

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e o Clúster Galego do Audiovisual (Clag) organizan o vindeiro día 12 de xullo un Webinar para abordar co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) as novas liñas de financiamento para o sector audiovisual, publicadas no DOG do 29 de xuño.

Neste webinar coñeceremos as modalidades de liñas de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica ( as sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas, e tamén o Programa Cheques Dixitalización Covid 19 das que se poden beneficiar as empresas do sector audiovisual

A xornada ten aforo limitado e vaise celebrar a través de Webex. É necesaria confirmación de asistencia no mail: comunicacion@clag.es ata o 9 de xullo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies