
O próximo día 12 de xullo, a partir das 9:30 horas, terá lugar o webinar “Novas liñas de financiamento do Igape para o sector audiovisual”, organizado polo Clúster Audiovisual Galego e pola Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Neste webinar coñeceremos as modalidades de liñas de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas e tamén o Programa Cheques Dixitalización Covid 19, das que se poden beneficiar as empresas do sector audiovisual.
PROGRAMA:
09:30 h. Apertura da xornada e presentación
Jorge Algora, Presidente do Clúster Audiovisual Galego
Felipe Lage, Presidente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI)
09:45 h. Liñas de financiamento do Igape: “Reaval Crecemento”, “Reaval Funcionamento”, “Reaval Garantías” e “Reaval Liquidez”. Programa Cheques Dixitalización Covid 19.
Alberto Vivero, Subdirector de Financiamento do Igape
Eladio Otero, Subdirector de Desenvolvemento de Negocio do Igape
Jacobo Ortiz, Xefe de Zona A Coruña de AFIGAL S.G.R.
Fernando Carbonell, Director Comercial de SOGARPO S.G.R.
10:30 h. Rolda aberta de preguntas
11:00 h. Peche da xornada
INSCRICIÓN:
O aforo é limitado e para participar é necesario confirmar asistencia enviando un mail a comunicacion@clag.es ata o 9 de xullo. Enviarase enlace de Webex antes da sesión.