Formación nas tres universidades galegas para celebrar os 30 anos de Agapi

Formación nas tres universidades galegas para celebrar os 30 anos de Agapi

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC).

Estas xornadas, que contan coa subvención da Deputación da Coruña, centrarán o seus contidos en facer un percorrido histórico do panorama audiovisual galego a longo de 30 anos, empezando por analizar os inicios das empresas de produción independente, pasando polos grandes fitos acadados polo cinema galego e a importancia da internacionalización e rematando co gran momento do talento creativo que atravesa o sector no que as mulleres teñen unha importancia capital.

A primeira das xornadas terá lugar o martes 16 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña (UDC) co seguinte programa:

A seguinte das xornadas terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) co seguinte programa:

A última das xornadas terá lugar o xoves 25 de abril na Facultade de Comunicación de Pontevedra.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies