Masterclass de Lucrecia Martel para profesionais de Galicia

Masterclass de Lucrecia Martel para profesionais de Galicia

Lucrecia Martel é, sen dúbida, unha das máis influíntes figuras do cinema mundial cunha rotunda e honesta filmografía. A cineasta arxentina compartirá algúns dos aspectos máis persoais relacionados co seu proceso creativo, tanto dos filmes que fraguaron a súa brillante carreira, comodos proxectos nos que traballa actualmente.

A masterclass de Lucrecia Martel terá lugar o vindeiro 13 de maio, ás 19.00h, a través do Webinar Zoom de CREA. O encontro está limitado a 100 prazas de acceso preferente para socias/os de CREA e SGAE. No caso de non completarse o aforo, as prazas restantes serán publicadas a través das redes sociais de CREA.

Lucrecia Martel describe as incertezas que formarán parte da súa charla neste texto que nos achega: “Buen momento para pensar sobre lo inaudito. Qué no dice el guión? Para qué sirve? Qué es la narrativa audiovisual? En el cine podemos separar tiempo de espacio? Alguien pudo separarlo en su vida? Y a qué clase de tiempo nos resignamos con la Primera Comunión? Bienvenidos los que dudan.”

A cineasta arxentina naceu o 14 de decembro de 1966 en Salta, a 1500 quilómetros da cidade de Bos Aires.
Comenzou estudando na Avellaneda Experimental (AVEX) e na ENERC ( Escola Nacional de Experimentación da Rodaxe Cinematográfica) da capital. Nesta fase iniciática da súa carreira rodaría as súas primeiras catro  curtametraxes “El 56” (1988), “Piso 24” (1989), “No te la llevarás maldito” (1989), “Besos rojos” (1991) e “Rey muerto” (1995). Con esta última curta gañaría o cuncurso “Historias Breves” do Instituto Nacional de Cine de Arxentina (INCAA). Realizou tamén algún traballos para a televisión como as series “D.N.I” (1995) e programas como “25 miradas”, “200 minutos” e o infantil “For Fai”.

A súa espectacular ópera prima: “La Ciénaga” (2001) relato do verán dunha familia superada polos seus problemas sorprendeu o público e á crítica especializada que rápidamente aclamou as súa proposta estética e temática. A película foi recoñecida internacionalmente con premios como o NHK do Festival de Sundance, o Grand Prix do festival de Cine Latinoamericano de Toulouse, o premio a mellor película e mellor directora do Festival de Cine de La Habana, o Premio Alfred Bauer e unha nominación o oso de ouro no festival de cine de Berlín.

Tanto coa súa segunda longametraxe “La Niña Santa” (2004) que describe a indecisión entre o deseo e a fe dunha adolescente obtería a nominación á Palma de Ouro no Festival de Cannes como con o seu terceiro filme “La Mujer sin Cabeza” (2008), unha conmovedora obra sobre a angustia vital tamén participante na sección oficial de Cannes, consolidaría o seu tan afamado universo estético madiante a particular concepción do decorado e a súa maneira de deconstruir e reconstruir o espazo permanentemente.

Despois de case unha década ausente regresou coa cinta maxistral “Zama” (2017), un filme de época baseado na novela de Antonio Di Benedeto que explora o colonialismo e racismo en América Latina a través da historia dun funcionario americano que serve a coroa española.  Estreada fóra de concurso en Cannes acadará innumerables críticas favorables, obtendo numerosos premios e sendo seleccionada polo xornal The Guardian como unha das dez mellores películas do século.

As retrospectivas dos seus traballos foron proxectadas en Harvard, MoMa, Lincoln Center, Cambridge e o Tate Museum. Imparte clases maxistrais ao redor do mundo e colaborou coa artista islandesa Björk na dirección do seu concertó Cornucopia valorado pola crítica coma o seu espectáculo máis elaborado ata a data.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies