‘Unicorn Wars’ producida por Abano Producións e dirixida por Alberto Vázquez brilla no Festival de Annecy

‘Unicorn Wars’ producida por Abano Producións e dirixida por Alberto Vázquez brilla no Festival de Annecy

A 60ª edición do Festival de Cinema de Animación de Annecy celebrouse en formato híbrido na semana do 14 de xuño, con 8.500 acreditados, dos que 2.300 participaron no seu mercado, MIFA. A localidade francesa de Annecy acolleu 240 proxeccións, mentres que a plataforma en liña ofreceu 85 eventos para profesionais, entre sesións de pitch, conferencias e sesións de recrutamento.

Unha das estrelas de Annecy 2021 foi ‘ Unicorn Wars’, a longametraxe de Alberto Vázquez (‘Decorado’, ‘ Birdboy’, ‘ Psiconautas’, ‘Homeless Home’). A película participou na sección Work in Progress, na que puido mostrar algúns minutos e na que o autor e case todos os seus produtores puideron comentar achega do proxecto. ‘ Unicorn Wars’ é unha produción de Chelo Loureiro de Abano Producións, Iván Miñambres de Uniko, e o francés Nicolas Schmerkin de Autour de Minuit e Schmuby. ‘ Unicorn Wars’ está en plena produción con equipos entre España e Francia e con mestura de animación 2D e 3D.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies