Autor: agapi

Agapi presenta unha nova publicación co apoio do Concello de Santiago de Compostela ‘Conversas abertas. Estudo cualitativo de produtoras audiovisuais galegas’

Desde AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) levamos máis de 27 anos promocionando a investigación e desenvolvemento do sector audiovisual. Desde o ano 2005, a Asociación publica anualmente o Anuario de Información do Sector Audiovisual Galego. Vencellado a este traballo continuado de información e difusión das empresas presentamos unha nova …

‘Auga Seca’, primeira serie en galego aspirante aos Premios Platino

A primeira temporada da serie Auga Seca, un drama policial situado no tráfico de armas e producida por Portocabo e SP-i para RTP, TVG e HBO, vén de converterse na primeira serie en galego preseleccionada nos VIII Premios Platino do Cine Iberoamericano pasando unha primeira fase entre máis de 600 …

‘Unicorn Wars’ seleccionada do Work in Progress do Festival Internacional de animación de Annecy

‘Unicorn Wars’ película de animación producida por Abano Producións coa dirección de Alberto Vázquez, vén de ser seleccionada no Work in Progress do Festival international du filme d’ animation d’ Annecy. Esta sección presenta as 9 longametraxes máis inspiradoras que se están creando actualmente no mundo. Sinopse: Durante a ancestral …

Masterclass de Lucrecia Martel para profesionais de Galicia

Lucrecia Martel é, sen dúbida, unha das máis influíntes figuras do cinema mundial cunha rotunda e honesta filmografía. A cineasta arxentina compartirá algúns dos aspectos máis persoais relacionados co seu proceso creativo, tanto dos filmes que fraguaron a súa brillante carreira, comodos proxectos nos que traballa actualmente. A masterclass de …

Webinar: Oportunidades de financiamento para o sector audiovisual a través das liñas covid-19 de CreaSGR

O Clúster Galego do Audovisual organiza en colaboración con CreaSGR un webinar a través das plataforma Webex sobre as oportunidades de financiamento para o sector audiovisual a través das liñas covid-19 de CreaSGR o vindeiro 21 de maio ás 10h. Esta formación conta co apoio do IGAPE. O aforo será …

Agapi organiza unhas novas xornadas formativas sobre dereitos audiovisuais

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro día 11 de maio unha xornada de formación en liña dedicada a analizar os aspectos relacionados cos dereitos audiovisuais e a negociación con canles e plataformas que conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e coa colaboración de …

Agapi publica o Anuario de Información do Sector Audiovisual Galego 2020

Un ano máis, como vén acontecendo desde o ano 2005, Agapi publica o Anuario de Información do Sector Audiovisual Galego 2020. O Anuario que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Agadic, xa está dispoñible para a súa consulta e descarga en liña. Esta publicación e as …

Mercedes García-Nieto (M Internacional): “Ao non ter contacto directo con reunións en persoa hai algo que se perde”

A produtora M Internacional ten actualmente en antena “Sen Fronteiras”, un programa que se emite paralelamente na TVG e a RTP portuguesa, e que está a ter unha gran audiencia en ambas cadeas. Un programa bilingüe que percorre diferentes vilas en Galicia e Portugal que comparten o nome da localidade …