Agapi presenta unha nova publicación co apoio do Concello de Santiago de Compostela ‘Conversas abertas. Estudo cualitativo de produtoras audiovisuais galegas’

Agapi presenta unha nova publicación co apoio do Concello de Santiago de Compostela ‘Conversas abertas. Estudo cualitativo de produtoras audiovisuais galegas’

Desde AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) levamos máis de 27 anos promocionando a investigación e desenvolvemento do sector audiovisual. Desde o ano 2005, a Asociación publica anualmente o Anuario de Información do Sector Audiovisual Galego. Vencellado a este traballo continuado de información e difusión das empresas presentamos unha nova publicación que recolle entrevistas en profundidade cos responsables da produción independente galega.

A creación e publicación deConversas abertas. Estudo cualitativo de produtoras audiovisuais galegas’ conta co financiamento e apoio do Concello de Santiago de Compostela.

O estudo recolle a valoración e impacto que supuxo a pandemia nas produtoras galegas e unha pequena reflexión sobre o futuro do audiovisual.  As entrevistas están clasificadas xeográficamente, iniciando o percorrido coas empresas produtoras situadas no Concello de Santiago, as empresas da comarca e por último as empresas localizadas ao longo das catro provincias galegas. Son un total de 26 entrevistas en profundidad que se clasifican en 11 do Concello de Santiago, 3 dos arredores e 12 doutras localidades galegas.

Este estudo permite achegar coñecemento de forma directa, dando voz aos produtores para falar do presente e futuro audiovisual. Publicacións coma esta supoñen unha oportunidade para difundir e poñer en valor a produción independente.

O estudo quedará visible para a súa libre descarga no apartado da web de Agapi > Revista > Informes.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies