Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro día 11 de maio unha xornada de formación en liña dedicada a analizar os aspectos relacionados cos dereitos audiovisuais e a negociación con canles e plataformas que conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e coa colaboración de EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales).
Baixo o título ‘Os dereitos nos proxectos e a súa negociación con socios, canles e plataformas’ preténdese poñer o foco en diversas cuestións relacionadas cos detalles na negociación nun contrato de coprodución internacional, a IP dos proxectos ou o papel das canles e plataformas na negociación coas produtoras.
A xornada será de balde e retransmitida en streaming pero precisará dunha inscrición previa. Os/as interesados/as deberán enviar un correo a prensa@agapi.gal antes do 10 de maio, indicando-Nome e apelidos e enderezo electrónico.
PROGRAMA
‘Os dereitos nos proxectos e a súa negociación con socios, canles e plataformas’
Data: 11 de maio 2021
Plataforma: Zoom
10h-10.15h. Benvida
Intervén: Jacobo Sultil Nesta, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)
10.15h- 11h. A importancia da IP dos proxectos en mans das produtoras.
Intervén: Alfonso Blanco, Portocabo.
11h-11.45h. Os detalles importantes na negociación dun contrato de coprodución audiovisual.
Intervén: Mercedes de Parada, Letradox Abogados.
11.45h-12.30h. O papel de canles e plataformas na negociación coas produtoras.
Intervén: Iker Ganuza, Lamia Producciones.