‘Unicorn Wars’ seleccionada do Work in Progress do Festival Internacional de animación de Annecy

‘Unicorn Wars’ seleccionada do Work in Progress do Festival Internacional de animación de Annecy

‘Unicorn Wars’ película de animación producida por Abano Producións coa dirección de Alberto Vázquez, vén de ser seleccionada no Work in Progress do Festival international du filme d’ animation d’ Annecy.

Esta sección presenta as 9 longametraxes máis inspiradoras que se están creando actualmente no mundo.

Sinopse:

Durante a ancestral guerra entre os osiños e os unicornios, Azulín e o seu irmán xemelgo Gordi adéstranse como recrutas do EXÉRCITO OSIÑO no “Campamento Corazón”. Para os osiños, seres vaidosos e crueis, o unicornio é o demo e o seu Libro Sacro afirma que «quen beba o sangue do último unicornio, converterase nun novo ser belo e eterno«.

O ambicioso e narcisista osiño Azulín ansía o sangue do último unicornio para ser eternamente belo, tal e como profetiza o Libro Sacro. Gordi en cambio, feo, inseguro e obsesionado coa comida, é obxecto de constantes humillacións e comete grandes torpezas no campamento.

María, unha cría de unicornio adolescente, buscando á súa nai desaparecida no interior do Bosque Máxico chega a unha misteriosa igrexa en ruínas onde sofre dramáticas visións que auguran tempos terribles. A Profecía do Unicornio afirma que “cando faleza o último unicornio, chegará á Terra o máis terrible dos demos”.

Tras converterse en soldados, a compañía de Gordi e Azulín parte nunha misión cara ao Bosque Máxico, lugar onde habitan os unicornios, co obxectivo de buscar a outra compañía desaparecida.

No bosque, a compañía pasa numerosas penurias e todos os osiños falecen nunha emboscada contra os unicornios, excepto Gordi e Azulín que conseguen escapar. Perdidos e famentos no profundo do bosque, os dous irmáns terán que solucionar os seus conflitos internos do pasado e a relación coa súa nai falecida, realizando unha viaxe interior ao lugar máis escuro e das súas almas.

Un día, os xemelgos sobreviventes atópanse coa unicornio María. Azulín ataca á cría e férea, pero tras unha cornada, Azulín cae por un precipicio. Arrastrado polo río e malferido, sobrevive penosamente ata que é atopado días despois por unha patrulla de osiños.

Gordi coida á cría e a cura das súas feridas, e grazas a iso descobre como os unicornios son seres apegados á Natureza e a súa misión é coidar o ecosistema do bosque.

Azulín, deformado e mutilado, é considerado un heroe polo exército por ser o único sobrevivente, e mediante mentiras e manipulacións ascende ata chegar a converterse en capitán. Utilizando o seu coñecemento do Bosque Máxico, non descansará ata conseguir embarcar ao Exército Osito nunha definitiva ofensiva para exterminar ao unicornio: a guerra final.

Máis info

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies