Mercedes García-Nieto (M Internacional): “Ao non ter contacto directo con reunións en persoa hai algo que se perde”

Mercedes García-Nieto (M Internacional): “Ao non ter contacto directo con reunións en persoa hai algo que se perde”

A produtora M Internacional ten actualmente en antena “Sen Fronteiras”, un programa que se emite paralelamente na TVG e a RTP portuguesa, e que está a ter unha gran audiencia en ambas cadeas. Un programa bilingüe que percorre diferentes vilas en Galicia e Portugal que comparten o nome da localidade ou se chaman parecido, este formato foi froito do V Foro de Coprodução Galicia-Portugal impulsado por AGADIC (Xunta de Galicia) e o ICA (Portugal).

Falamos de novo con Mercedes García-Nieto, unha das fundadoras desta produtora que opera desde Nigrán para saber como está o panorama audiovisual galego despois dun ano de pandemia: “A verdade é que para nós este ano está a ser peor que o 2020 no que foron saíndo cousas e fomos capeando. Pero este ano estanos custando pechar proxectos, ao non ter contacto directo con reunións en persoa hai algo que se perde, é máis difícil conseguir feedback sobre os proxectos feitos e sobre as necesidades das cadeas. Como produtora o noso punto forte é o trato cara a cara, e isto é algo que perdemos. Con todo, desenvolvemos moitos proxectos durante o ano pasado que seguimos presentando, así que esperamos que pronto se confirmen algúns”.

Actualmente están en conversas con produtoras de ámbito nacional para pechar algúns deses proxectos dos que aínda non poden falar. Ademais, acaban de presentar a TVE e Agadic un documental sobre muralistas do que esperan obter confirmación pronto.    

Facendo unha radiografía da presenza feminina no mundo audiovisual en M Internacional téñeno claro, o sector audiovisual é aínda un mundo dirixido por homes, saben que isto está a cambiar pero a realidade é que os homes seguen sendo maioría na produción executiva, e como consecuencia están na toma de decisións. Curiosamente en produción case sempre son mulleres, porque como afirma Mercedes “ao final estamos afeitas facer mil cosas á vez e ser resolutivas, algo fundamental en produción”. O outro hándicap ao que se adoitan enfrontar é da idade, “aínda que xa non somos tan novas séguennos chamando “as nenas, e iso que xa temos canas”.

En M Internacional, levan 8 anos traballando de maneira independente e aseguran non ter recibido ningún tipo de axuda por ser mulleres, todo o que conseguiron foi grazas á súa tenacidade e ao traballo duro, afirman que no sector audiovisual queda moito por facer para alcanzar a igualdade, pero non queda outra que seguir ao pé de canón.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies