A curtametraxe ‘Sycorax’, de Lois Patiño e  Matías Piñeiro, seleccionada na Quincena de Realizadores de Cannes

A curtametraxe ‘Sycorax’, de Lois Patiño e Matías Piñeiro, seleccionada na Quincena de Realizadores de Cannes

A curtametraxe “Sycorax”, codirixida por Lois Patiño e Matías Piñeiro e producida por Filmika Galaika vén de ser seleccionada polo Festival de Cannes, o festival de Cinema máis importante do mundo, no apartado da Quincena de Realizadores.

Sycorax toma o seu nome dun personaxe da tempestade mencionado por Próspero, pero que carece de voz na obra, a pesar da súa importancia capital: nai de Calibán, encerrou a Ariel nunha árbore. Próspero descríbea como unha bruxa vella e malvada. Como fixo Tom Stoppard en Rosencrantz e Guilderstern morreron, tomando a dous secundarios de Hamlet, Sycorax propón outro achegamento ao personaxe, o que lles permite aos codirectores e coguionistas «un terreo común e unha encrucillada entre as nosas visións que nos axudaron a fusionar teatro e paisaxe, texto e silencio, movemento e quietude nun xesto que nos leva a cuestionarnos e atopar as películas que queremos seguir facendo no futuro».

“Sycorax” conta coas actrices Agostiña Muñoz, Diana Diéguez e Susana Abreu e coa fotografía de Mauro Herce.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies