A serie producida por Portocabo ‘Auga Seca’ e a película ‘A illa das mentiras’, de Agallas Films, gañadoras no Celtic Media Festival

A serie producida por Portocabo ‘Auga Seca’ e a película ‘A illa das mentiras’, de Agallas Films, gañadoras no Celtic Media Festival

A ficción galega recibiu o pasado xoves un novo recoñecemento internacional. A serie producida por Portocabo “Auga Seca” e a película producida por Agallas Films “A illa das mentiras”, resultaron premiadas nos Premios Celtic Media 2021, nas categorías de mellor serie e mellor película, respectivamente.

“A illa das mentiras” impúxose na súa categoría ás películas presentadas pola BBC e a canle France TV, e a “Ordinary Love”, actualmente nos cines de Reino Unido e Irlanda e protagonizada polo coñecido intérprete Liam Neeson. A longametraxe, dirixida por Paula Cons, e producida por Agallas Films foi gañadora de cinco premios Mestre Mateo e está inspirada libremente en feitos reais, no afundimento do buque Santa Isabel fronte ás costas da illa de Sálvora en 1921. 

Pola súa parte, a serie “Auga Seca” gañou fronte a producións da canle de Gales S4C e da BBC Escocia. “Auga Seca”, thriller policial enmarcado no universo do tráfico de armas e as súas conexións co mundo empresarial, foi a primeira serie en lingua galega en incorporarse ao catálogo de HBO. Esta ficción foi realizada para a TVG e a RTP polas produtoras Portocabo e a portuguesa SP-i.

Ao igual que en 2020 e debido ás restricións da pandemia, este prestixioso certame de producións celebrouse de xeito virtual. O Celtic Media Festival promove a cultura e as linguas dos países celtas nos ámbitos do cinema, a televisión, a radio e os novos medios de comunicación e ten lugar desde hai 42 anos de forma rotatoria entre Irlanda, Escocia, Gales, Illa de Man, Cornualles e a Bretaña francesa. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies