Premio á contribución técnica da Semana da Crítica de Venecia para o filme ‘Eles transportan a morte’

Premio á contribución técnica da Semana da Crítica de Venecia para o filme ‘Eles transportan a morte’

Logo da súa estrea mundial, o filme dirixido por Helena Girón e Samuel Delgado, ‘Eles transportan a morte’ vén de ser recoñecido co Premio á contribución técnica Mario Serandrei-Hotel Saturnia na Semana da Crítica de Venecia.

Esta película, producida por Filmika Galaika, contou no proceso de mestura de son coa empresa Cinemar Films.

O xurado, composto por Massimo Causo, Adriano De Grandis e Silvana Silvestri destacou “a capacidade de elaborar unha dimensión sonora inmersiva, na que se amplifica a tensión entre figuras e ambientes e dialoga profundamente coa investigación visual dos autores. Unha vintena de sons, ruídos e imaxes, que alimenta unha historia de misterios, vida e morte, desde a dimensión do mito ata a deriva existencial dos personaxes”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies