O proxecto ‘Monstro’ seleccionado para participar no European Genre Forum

O proxecto ‘Monstro’ seleccionado para participar no European Genre Forum

'Monstro', proxecto que será producido por Gaita Filmes e Mordisco Films, é un dos 8 proxectos seleccionados para participar no European Genre Forum, que organizan os festivais Tallin Black Nights, Imagine de 
Ámsterdam e Fantastic Zagreb. 

Oito proxectos de oito países produtores foron seleccionados para este foro, un ciclo de formación de seis meses para cineastas europeos emerxentes de xénero. O primeiro laboratorio de talentos terá lugar do 6 ao 9 de xullo en Zagreb, no marco do Festival de Cinema Fantástico de Zagreb. Seguiralle o Prousing Lab en Ámsterdam do 29 de outubro ao 1 de novembro, no marco do Imaxine Fantastic Film Festival. A parte final, o Marketing and Packaging Lab, terá lugar do 18 ao 22 de novembro en Tallin, no marco do Black Nights Film Festival.
'
'Monstro' é un filme de ficción que estará dirixido por Andrés Goteira e protagonizado por Alfonso Durán 'Morris'. A lista completa de proxectos seleccionados pode consultarse aquí.