Os camiños de Cans teñen nova rúa efémera! Este ano adicada a Dolores Ben, muller referente no audiovisual galego e doce anos presidenta de Agapi.
Dolores Ben foi presidenta da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) dos anos 2007 a 2019, dando exemplo de traballo e integridade. Muller rexa, loitadora e imprescindíbel no panorama cultural galego e estatal, contribuíu coa sua dedicación e esforzo a construír un horizonte sólido de futuro audiovisual. Asemade fundou varias empresas de referencia no eido do son, un campo no que foi pioneira como emprendedora e muller. Cinemar Films continúa o seu legado sendo o único estudo cinematográfico homologado por Dolby e DTS en Galicia.