‘O soño da sultá’, producido por Abano, acada o Premio Quirino de animación iberoamericana ao Mellor Desenvolvemento Visual

‘O soño da sultá’, producido por Abano, acada o Premio Quirino de animación iberoamericana ao Mellor Desenvolvemento Visual

A longametraxe ‘O soño da sultá’, dirixido por Isabel Herguera segue a conseguir premios. Esta fin de semana alzouse en Tenerife co Premio Quirino de animación iberoamericana no apartado ao Mellor Desenvolvemento Visual.

A película, una produción de Abano Producións, El Gatoverde Producciones, UniKo Estudio Creativo, Sultana Films, Fabian&Fred (España, Alemania), co apoio da TVG, sumou este novo premio na VII edición destes galardóns iberoamericanos, que recoñecen o labor da industria da animación en homenaxe ao director Quirino Cristiani, quen fora o creador da primeira longametraxe de animación da historia, en 1917, a película arxentina ‘O Apóstolo’, para a que se fixeran a man 58.000 debuxos.

‘O soño da sultá’ foi o primeiro filme animado europeo en competir na sección oficial de San Sebastián e acumula galardóns a nivel nacional e internacional. En marzo alzárase co premio á mellor longametraxe de animación no Anima, o Festival Internacional de Animación de Bruxelas.

A cinta contou desde o seu lanzamento co recoñecemento da crítica. Ademais de ser a primeira longametraxe de animación europea en participar na sección oficial en San Sebastián, logrou o Premio Irizar ao cine vasco e mais o Premio da Asociación Vasca de Guionistas Euskal Gidoigileen Elkartea. A nivel internacional acadou xa o Premio Mellor Coprodución internacional no Festival de Hamburgo e tamén obtivo candidaturas aos premios máis destacados a nivel nacional: os Goya, os Forqué e os Feroz.

A gala dos Premios Quirino tivo lugar este domingo no Teatro Leal de San Cristóbal da Laguna (Tenerife), con 25 obras finalistas escollidas entre 247 filmes.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies