Etiqueta: agallas

‘A Cero.5’, dirixida por Gonzalo Suárez e producida por Agallas Films, estrearase en cines o vindeiro 24 de marzo

‘A Cero.5’ é unha longametraxe documental do director Gonzalo Suárez Garayo sobre a súa experiencia coa discapacidade e o AMFIV, un club de baloncesto en cadeira de rodas. Producida pola empresa galega Agallas Films e a portuguesa Take 2000, Conta coa participación da TVG, RTVG, co apoio de Agadic, Ibermedia …

Moitas empresas de AGAPI galardoadas na XXI edición dos Premios Mestre Mateo

A edición máis ourensá dos Premios Mestre Mateo consagrou ‘O corpo aberto’ como Mellor Película. O filme dirixido por Ángeles Huerta e producido por Ollovivo, fíxose con 12 das 16 figuras ás que era candidata. O premio á Mellor Película de animación foi para ‘Unicorn Wars’, dirixida por Alberto Vázquez …

Estrea en cines ‘María Casares, la mujer que vivió mil vidas’

A película, cunha narración visualmente creativa, proponnos unha aproximación íntima e profunda -a través de extractos das súas  memorias- á vida da actriz mítica María Casares. Unha figura asombrosa, magnética e fundamental nas artes escénicas da Europa do século XX. Trátase dunha homenaxe realizada desde Galicia e desde España, ás …

Estréase na Coruña o documental ‘María Casares: a muller que viviu mil vidas’, de Agallas Films

O documental producido por Agallas Films “María Casares: a muller que viviu mil vidas” estreouse o luns 21 no Teatro Colón da Coruña, tralo seu paso polo Festival Internacional de Cine de Ourense e pola Seminci de Valladolid, e coincidindo co día no que se celebran os 100 anos do …

O documental ‘A Cero .5’, de Gonzalo Suárez Garayo estrearase o 20 de maio a través da plataforma Filmin

Estreada na SEMINCI, a película documental que agora chega a Filmin, narra o proceso de reconstrución dun estudante de cine que tras unha lesión medular decide coller unha cámara e documentar todo o proceso ata a súa entrada nun equipo de baloncesto en cadeira de rodas. É unha produción de …

A TVG estrea esta noite ‘A illa das mentiras’ na conmemoración do 8-M

Arredor do 8-M, Día Internacional da Muller, a Televisión de Galicia ofrece contidos especiais, ademais da cobertura informativa dos actos conmemorativos. O mesmo martes 8 de marzo, a TVG estreará ‘A illa das mentiras’, película dirixida por Paula Cons e unha homenaxe ás tres mulleres que se converteron en heroínas …

O documental ‘A cero.5’, dirixido por Gonzalo Suárez e producido por Agallas Films, terá a súa estrea na Seminci

A vindeira edición da Semana Internacional de Cine de Valladolid (Seminci) contará entre as súas estreas co documental galego ‘A cero.5’, unha coprodución entre Galicia (Agallas Films) e Portugal dirixida por Gonzalo Suárez. Sinopse: Gonzalo Suárez Garayo quere ser director de cinema. En novembro de 2006 a súa vida párase. …

A película ‘A Illa das Mentiras’ dirixida por Paula Cons gaña o London Spanish Film Festival e o Celtic Media Fest na categoría de ‘Single Drama’

A 16 edición do London Spanish Film Festival escolleu o filme da directora galega como o mellor entre 11 candidatos, e o Celtic Media Festival premiouno nunha categoría na que competía contra película procedentes dos países celtas. O Xurado do London Spanish Fil Festival, formado nesta edición pola artista británica …

A serie producida por Portocabo ‘Auga Seca’ e a película ‘A illa das mentiras’, de Agallas Films, gañadoras no Celtic Media Festival

A ficción galega recibiu o pasado xoves un novo recoñecemento internacional. A serie producida por Portocabo “Auga Seca” e a película producida por Agallas Films “A illa das mentiras”, resultaron premiadas nos Premios Celtic Media 2021, nas categorías de mellor serie e mellor película, respectivamente. “A illa das mentiras” impúxose na súa categoría ás …

Portocabo e Agallas Films optan coas súas producións ‘Auga Seca’ e ‘A illa das mentiras’ aos Premios Celtic Media Festival

Éxito de candidaturas galegas no anuncio dos Premios Celtic Media Festival 2021, que acaban de facerse públicos en Escocia. Un total de 11 producións optan aos galardóns do prestixioso certame, que, ao igual que en 2020 e debido ás restricións da pandemia, se celebrará de xeito virtual no mes de setembro. …

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies