A edición máis ourensá dos Premios Mestre Mateo consagrou ‘O corpo aberto’ como Mellor Película. O filme dirixido por Ángeles Huerta e producido por Ollovivo, fíxose con 12 das 16 figuras ás que era candidata.
O premio á Mellor Película de animación foi para ‘Unicorn Wars’, dirixida por Alberto Vázquez e producida por Abano Producións.
O premio ao Mellor Documental foi para ‘María Casares, a muller que viviu mil vidas’, dirixida por Xavier Villaverde e producida por Agallas Films.
A serie ‘Rapa’, producida por Portocabo, obtivo catro galardóns dos 19 aos que aspiraba, entre eles o de Mellor Serie.
O premio á Mellor Serie Web foi ‘Delicias amargas’ para Kraken Media e ‘Historias vageniales’ e Raquel Nogueira Basalo.
O premio ao Mellor Programa foi para ‘Cinephilia’ producido por Noveolas producciones e Telemiño.
O Auditorio da cidade de Ourense volveu acoller a gala despois de anos sen facelo, a última celebración en Ourense destes premios foi no ano 2011. O acto arrrincou ás dez da noite coa música en directo da Xove Orquestra Sinfónica Ourensanía, encargada de amenizar o evento. Un a un foron desvelándose os vencedores desta XXI edición dos premios, organizados pola Academia Galega do Audiovisual.