Noveolas

Noveolas

Noveolas Producciones nace no 2012 en Ourense. Encárgase dá produción, distribución e desenvolvemento de proxectos audiovisuais e musicais. O primeiro proxecto da empresa foi a longametraxe de ficción en ‘9 ondas’, resultado dun exitoso crowdfunding – un dos primeiros de España – que, en 6 meses, reuniu a máis de 230 persoas, recadando máis de 23.000 euros, converténdose nun dos maiores éxitos de crowdfunding do estado. A película foi tamén finalista na categoría Mellor Longametraxe de Ficción aos premios Mestre Mateo.

No 2014 produciu a curtametraxe experimental ‘Kuti Khanti’ de Simone Saibene, que se estreou en máis de 25 festivais internacionais. No 2015 produciu a curtametraxe ‘A sorpresa’, financiada polo SERGAS, adentro do inovador proxecto de rehabilitación E-motionaltraining. E-motionaltraining gañou, entre outros, o Premio nacional de investigación Innova e Vía no 2015. No 2016 estreou a longametraxe,’Pelerinaxes’ de Simone Saibene, un filme que mistura documental con ficción, inspirado no libro de viaxe de Otero Pedrayo. O filme foi finalista aos Premios Mestre Mateo 2017 e gañou, entre outros, o Primeiro Premio exequo como mellor documental no 21º Avanca Film Festival (Portugal) e o Primeiro Premio no Festival Internacional Paisagens 2018 (Portugal). ‘Pelerinaxes’ foi tamén o filme elixido para representar a Galicia no espazo CinéFIL do Festival Interceltique de Lorient (Francia) no 2016. No mesmo ano a Editorial Galaxia publicou un libro-DVD do filme que se presentou por primeira vez ao publico no 21º Ourense International Film Festival.

No 2018 Noveolas foi unha das produtoras seleccionadas para participar nun dos talleres do programa EAVE que se celebrou en Santiago de Compostela.

No 2021 estréou na sección DOC.España da Seminci de Valladolid o documental ‘Escribir o imposible’, un retrato atípico sobre o proceso creativo do escritor Juan Tallón que pudo verse tamén no Play-Doc, en Cineuropa 2021 e no Festival de Málaga.

Desde o 2019, Noveolas produce, xunto con Telemiño, o programa cultural Cinephilia, conducido por Simone Saibene. O programa gañou o Mestre Mateo como Mellor Programa TV no ano 2021 e obtivo outras nominacións, incluida a de Mellor Comunicador para Saibene, nos anos seguintes.

Ademáis dos seus propios traballos, Noveolas levou tamén enteiramente como distribuidora a distribución comercial do documental ‘Frankenstein-04155’ de Aitor Rei, gañador do premio do público en Cineuropa 2015 e dunha mención especial na 60º Seminci de Valladolid.

Noveolas Producciones



Dirección: Calle San Francisco, nº 13 planta 3 pta D
32005 Ourense (Ourense}
Contacto: Simone Saibene
Teléfono: 662012994
E-mail: noveolasproducciones@gmail.com
Web:

PROXECTOS:

Cinephilia (2023)
Escribir lo imposible (2021)
Os camiños do neno labrego (2021)
Pelerinaxes (2016)
Kuti Khanti (2014)
9 Ondas (2013)



Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies