Cinephilia
2023 - En produciónTV
Asociado: Noveolas Producciones
Formato: Outro
Duración: 25
Idioma: Galego
Venta int.: Sí
SINOPSE
Cinephilia é un programa cultural semanal dedicado ao cinema conducido por Simone Saibene e producido por Noveolas Producciones e Telemiño. Emítese en Telemiño en Ourense e provincia, e a través de R Televisión en toda Galicia. Estréase os mércores ás 22h e retransmítese en diferentes horarios durante a semana. Cada programa, ten unha duración aproximada de 25 minutos. Cinephilia empezou a súa emisión a finais de setembro de 2019 e leva xa máis de 170 programas. O programa tivo sempre unha continuidade e non interrumpiu a súa programación tampouco durante o confinamento no ano 2020.
Cinephilia é unha fiestra dos proxectos audiovisuais actuais facendo chegar ao tódolos públicos os traballos audiovisuais feitos en Galicia e o coñecemento das profesions que forman parte da obra de arte colectiva que é o cine. Ademáis en Cinephilia hai espazo para reflexionar de forma amena sobre a historia do cine e facer un percorrido entre as últimas estreas da carteleira do cine comercial e das plataformas dixitais.
Cinephilia gañou o Mestre Mateo 2021 á Mellor Programa de Televisión. Ademáis Simone Saibene figuraba entre os finalistas á Mellor Comunicador.
No ano 2022 Cinephilia resultou outra vez ser finalista nas dúas categorías de Mellor Programa de Televisión e Mellor Comunicador.
Sempre no 2022 gañou o Premio CREA á ‘Mellor realización TV’.