Portocabo
Dirección: Rúa Arco, 13 1º
15003 A Coruña (A Coruña}
Contacto: Alfonso Blanco
Teléfono: 881 898 440
E-mail: portocabo@portocabo.com
Web: portocabo.com
PROXECTOS:
Weiss & Morales (2024)
+ Cuñados (2023)
Rapa (T2) (2023)
Los Argonautas (2022)
Rapa (2021)
Cuñados (2020)
Auga seca (2018)
Hierro (2018)
Miracle tunes (2018)
O país máis grande do mundo (T2, 2016)
Vidago Palace (2016)
A viaxe de Leslie (2015)
Manuel Quiroga (2015)
O país máis grande do mundo (2015)
Oh! Happy day! (2015)
Luci (2013)
The avatars (2013)
Galegos no mundo (T5) (2012)
Gran Nord (T1) (2011)
CURRICULUM:
Portocabo é unha produtora especializada en contidos televisivos.
O talento dos novos creadores e profesionais que xurdiron en Galicia nos últimos anos, un excelente capital humano que significa experiencia, capacidade e frescura de ideas para pensar e facer, é o terreo desde o que Portocabo quere traballar.
Os nosos proxectos van dirixidos aos mercados galego, español e internacional, especialmente en tres liñas:
– Ficción
As nosas series e longametraxes para televisión van procurar un alto nivel de produción a partir de orzamentos axustados, historias axeitadas a un medio, o televisivo, que pode acoller propostas moi diversas.
– Televisión do real.
Series documentais feitas a partir do cotián, a partir de personaxes e peripecias que forman parte da nosa paisaxe máis inmediata e que, pola súa autenticidade, constitúen unha inmellorable materia prima para unha televisión próxima.
– Entretemento.
Contamos cun amplo catálogo de formatos televisivos –concursos, shows, docuseries- coa característica común de ter demostrado o seu éxito de audiencia noutros territorios.