Vidago Palace
2016 - RematadoTV
Asociado: Portocabo
Formato: Telefilme
Duración: 6x60
Idioma: Galego
Venta int.: Sí
SINOPSE
A serie está ambientada nos anos 30 e narra unha historia de amor no luxoso hotel-balneario aberto en Vidago a comezos do século XX. O Vidago Palace é unha xoia arquitectónica que mantivo ata hoxe o seu encanto. Gran parte do argumento da serie transcorre nos espazos do hotel, aos que se suman enclaves naturais coma os bosques circundantes, a zona da fronteira entre Galicia e Portugal e as proximidades de Verín, onde o protagonista ten as súas raíces galegas. A historia comeza no verán de 1936. Mentres os Xogos Olímpicos de Berlín abraiaban o mundo e o presidente da República Portuguesa acudía á inauguración do campo de golf de Vidago, na veciña España estouraba unha guerra civil. Mentres, os salóns do Vidago Palace prepáranse para acoller a voda entre César e Carlota, filla dunha aristocrática familia lisboeta, os condes de Vimieiro. Pero esta coñece a Pedro, o fillo dun empregado do hotel, de orixe galega, e todo cambia. A súa é a historia dun home e dunha muller dispostos a enfrontarse a toda clase de obstáculos para facer realidade o seu amor. Arredor da historia de Carlota e Pedro, nas suites, salóns, balneario e parques do VIDAGO PALACE, sucederanse outras historias que terán como protagonistas os hóspedes e o persoal do hotel. O inicio da Guerra Civil en España non fixo máis que incrementar a afluencia de clientes. Aos hóspedes habituais engadiranse os que atopan en Vidago un refuxio dos perigos no país veciño, tanto dun bando coma do outro.
EQUIPO ARTÍSTICO
Os actores David Seijo, Antonio Mourelos, David Amor, Sheyla Fariña e Eva Fernández forman parte do elenco galego de VIDAGO PALACE, aos que se unen, nos papeis principais, intérpretes como Mikaela Lupu, Anabela Teixeiro, Marcantonio de Carlo, Pedro Barroso, Margarida Marinho e João Didelet, entre outros.