Manuel Quiroga
2015 - RematadoDocumentales
Asociado: Portocabo
Formato: Longametraxe
Duración: 55
Idioma: Galego
Venta int.: No
SINOPSE
O 8 de xuño de 1937, un transeúnte é atropelado en Times Square por un automóbil que se dá á fuga. O accidentado, o violinista pontevedrés Manuel Quiroga, encóntrase en EE.UU. presentando as súas propias obras nunha xira que o levará a percorrer o país de punta a punta, como xa fixera noutras ocasións ao longo da súa dilatada carreira. Quiroga, considerado coma un dos mellores violinistas do momento, convive coa fama e o recoñecemento desde hai tempo. Está no punto álxido da súa carreira. Pero este incidente, a priori intranscendente, terá un efecto irreversible, marcando o comezo dun declive profesional e persoal que acabará por consumilo, relegando o seu nome ao esquecemento.
OBSERVACIÓNS